Internacional de Resistentes a la Guerra

Trabajando para poner fin a la guerra y sus causas

Traballando para poñer fin á guerra e ás súas causas

A Internacional de Resistentes á Guerra (IRG) é unha rede mundial antimilitarista e pacifista con máis de 80 grupos afiliados en 40 países que facilitan o apoio mutuo. Nacida no ano 1923 como evolución da PACO (que á súa vez aglutinaba diversas organizacións pacifistas europeas radicais da época), a IRG destaca polo desenvolvemento de accións e campañas baseadas na non-violencia activa.

Despois de case 100 de existencia, é unha das organizacións en activo máis lonxevas, e na actualidade centra o seu traballo na defensa do dereito a rexeitar matar e na creación e aplicación de programas de non-violencia, ademais de traballar  contra a militarización da xuventude.