Gabriella “Biella” Coleman (San Juan, Porto Rico, 1973) é unha antropóloga especialista nas culturas e na ética da pirataría e o hacking. Considérase unha das maiores especialistas en ciberactivismo e construción sociopolítica dos movementos dixitais, sendo o maior referente de Anonymous. Despois de desenvolver o seu traballo en diversos centros e Universidades, actualmente é profesora titular da Cátedra Wolfe de Alfabetización Científica e Tecnolóxica na Universidade McGill. É autora de Codificando a liberdade: a ética e a estética do hacking (2012).