BENVIDX

Somos un proxecto editorial sustentable e autoxestionado. Traballamos dende unha ollada crítica, emancipadora e contracultural. Ofrecemos contidos narrativos, visuais e audiovisuais relacionados coa construción de alternativas e resposta social. Encantadxs de coñecerte.

Quen somos?

13 Editora é un proxecto editorial sen ánimo de lucro de carácter independente que xorde ao abeiro de ECOAR))). Traballamos na produción de contidos e ferramentas que contribúen a facer máis libres ás persoas, difundindo o pensamento crítico alternativo a través de discursos de carácter plural e ofrecendo textos de formación e información social, económica, política e cultural.

Como traballamos?

Como proxecto nado ao abeiro de ECOAR))), apostamos por desenvolver a nosa actividade partindo da mesma base conceptual, pero a través do desenvolvemento duns valores propios e específicos: plural, críticx, comprometidx, creativx, emancipadorx e sustentable.
Así, 13 Editora pretende intervir na sociedade de xeito activo, polo que ten un posicionamiento claro: pronúnciase, mobilízase e denuncia.

Que facemos?

A produción editorial de 13 Editora focalízase en a) ensaios de carácter reflexivo e didáctico, cun enfoque tanto académico como divulgativo, e b) manuais que ofrecen una formación completa e específica en eidos concretos do campo do activismo, dende un enfoque práctico. En ambos casos, compleméntanse aqueles títulos que constitúen un referente nos seus respectivos campos con títulos más recentes, descoñecidos ou descatalogados.

PLURALIDADE · OLLADA CRÍTICA · COMPROMISO · CREATIVIDADE · EMPODERAMENTO · SUSTENTABILIDADE

A nosa visión

Aspiramos a ser unha editorial que, a través da difusión de visións e voces diferentes ás correntes maioritarias, repercuta positivamente na activación das persoas e sociedades dotándoas de ferramentas de carácter diverso para interpretar e diagnosticar a realidade e a si mismxs dende dunha perspectiva plural e crítica, en prol dun sistema social xusto.

Queres saber máis? Contacta con Nós.