Faite con el
A sociedade do s. XXI constrúese a través das tecnoloxías de información e comunicación. Conformar novas vías, estruturas e formas de actuación é fundamental para o éxito do contrapoder. Neste novo contexto Anonymous marcará un punto de inflexión no imaxinario colectivo.
Por que Anonymous conseguiu -triunfar na súa actuación? Cales son os seus principios e valores? Que factores permitiron o seu desenvolvemento? Como se organiza se non ten xerarquía? Cales foron as técnicas e dinámicas que empregaron na súa acción? Quen foron algúns e algunhas das súas protagonistas?
As múltiples caras de Anonymous. Hackers, farsantes, delator@s e espías é unha obra que explica con claridade e dinamismo a historia, ética e actuación de Anonymous. Gabriella Coleman, a maior experta neste momento na materia, narra como as zonas escuras e recónditas de internet alumaron un movemento ciberactivista clave na conformación das relacións de poder na sociedade actual.
Autor/a
Ficha técnica
Idioma | Galego |
Nº páxinas | 508 |
Cor | Sí |
Tapa | Dura |
ISBN | 978-84-120523-1-2 |