Mañá inicia o Culturgal 2026 e de novo 13 Editora estará alí!! Ademais este ano será un ano especial pois estará dispoñible o primeiro libro escrito integramente por ECOAR))): Gañar o relato! Manual para combater o discurso da ultradereita. Un instrumento pensado para facer fronte a cada verba e razoamento que expón a ultradereita e para construír unha sociedade baseada no respecto fronte ao odio. Xunto a el, estarán presentes os novos títulos da editorial.
Entre mañá, venres 27, e o domingo 29 de novembro, estaremos nun dos postos que se habilitarán no Pazo da Cultura de Pontevedra nunha nova edición do Culturgal. Esperamos vervos e, como os outros anos, parolar e debater sobre a situación en que hoxe se atopa o mundo e as alternativas e saídas que se poden presentar.
Como xa sabedes en 13 Editora buscamos construír un proxecto que vaia moito máis aló da mera produción de libros. Buscamos configurar un proxecto sustentable, autoxestionado e comprometido co anticapitalismo, os dereitos humanos e o ecoloxismo, que abra unha xanela de pensamento crítico fronte á lóxica comercial dominante. Estamos absolutamente enfocadxs a tecer un catálogo de obras que contribúan ao empoderamento de persoas, organizacións e comunidades, a través dunha ollada crítica que permita configurar e potenciar procesos de disidencia e resposta social.
A nosa presenza no Culturgal 2026 pretende achegar de xeito activo enfoques, loitas e exemplos que constrúen contrapoder e cuestionan o statu quo ao longo de todo o planeta. Así que benvidxs sodes quen queirades compartir a vosa ollada sobre os diferentes xeitos de confrontar as inxustizas que se dan en toda a xeografía global, dende os repertorios de persoas e comunidades ata as redes que conforman as resistencias.
Vémonos estes días!! Entre o venres 27 e o domingo 29 de novembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, estaremos esperando por vós!!
Verbas disidentes para construír contrapoder!

