13 Editora volve ao Culturgal!! Sairá á venda o primeiro libro de ECOAR)))!!

13 Editora estará no Culturgal 2026 entre o 27 e o 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. O Culturgal é unha xanela aberta onde autorxs, artistas, editorxs e o público en xeral reúnense para achegarse ao marco cultural de Galiza.

En 13 Editora buscamos construír un proxecto que vai moito máis aló da mera produción de libros a través da configuración dun proxecto sustentable, autoxestionado e comprometido co anticapitalismo, os dereitos humanos e o ecoloxismo, que pretende abrir unha xanela de pensamento crítico fronte á lóxica comercial dominante.

Estamos absolutamente enfocadxs a poder ir tecendo un catálogo de obras que contribúan ao empoderamento de persoas, organizacións e comunidades, a través dunha ollada crítica que permita configurar e potenciar procesos de disidencia e resposta social.

A participación de 13 Editora no Culturgal 2026 pretende visibilizar e espallar enfoques, loitas e exemplos que constrúen contrapoder e cuestionan o statu quo ao longo de todo o planeta. Buscamos achegar os diferentes xeitos de confrontar as inxustizas que se dan en toda a xeografía global, dende os repertorios de persoas e comunidades ata as redes que conforman as resistencias.

No Culturgal 2026 ademais estarán presentes os novos títulos da editorial entre eles o primeiro libro escrito integramente por ECOAR))): Gañar o relato! Manual para combater o discurso da ultradereita, que pretende ser un instrumento para poder facer fronte a cada verba e razoamento que expoña a ultradereita e que busca construír unha sociedade baseada no odio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *