Política de Privacidade

A web “https://13editora.org/” é unha ferramenta clave de 13 Editora para relacionarnos coas persoas que queren informarse ou formar parte activa da mesma.

Sempre que introduzas os teus datos na web supón aceptar a “política de privacidade”. Nalgunha ocasión puntual o sitio web pode ter ligazóns a outras páxinas web que posúen a súa propia “política de privacidade”.

Dado que 13 Editora está vencellada á asociación Pepa Loba, a responsable legal da mesma é a ASOCIACIÓN PETO EXTERNO DE PLANIFICACIÓN ANTISISTEMA E LOITA BASE ANTICAPITALISTA (“Pepa Loba” en diante) con domicilio na rúa Augusto González Besada, 26, 36700, Tui.

Se tes calquera dúbida ou consulta relacionada coa túa privacidade ou datos podes comunicalo a través do enderezo electrónico 13editora@13editora.org.

Os teus datos persoais obtivéronse a través de relacións previas que tiveches ou tes na actualidade con 13 Editora, tanto pola túa condición de clientx ou doador/a, como por ter participado dalgunha forma nalgún dos proxectos, campañas, iniciativas e accións nas que ten intervido Pepa Loba ou 13 Editora así como por ter solicitado que che remitamos información sobre as mesmas.

Os teus datos empréganse só para as finalidades lexítimas que desenvolve 13 Editora e que se explican máis adiante. Os datos que se tratan son os seguintes:

Datos necesarios para manter a relación contigo:

  • Nome
  • Apelidos
  • Enderezo correo electrónico

Ademais, segundo o tipo de natureza que teña a nosa relación contigo, podemos tratar outros datos que ti nos achegues voluntariamente:

  • DNI
  • Número de teléfono
  • Enderezo postal
  • Data de nacemento
  • Achega económica
  • Datos bancarios
  • Profesión
  • Sexo
  • Idioma de preferencia
  • Imaxe propia

Así mesmo cando enches cos teus datos os formularios (achegas económicas, doazóns, sinaturas, asociación…), gardamos o enderezo IP1 dende onde se remiten os teus datos, que nos permite darche unha maior cobertura perante os fraudes (como pode ser, un uso sen autorización da tarxeta de crédito).

Informámosche tamén que trataremos aqueles datos adicionais que voluntariamente nos facilites durante as futuras relacións e interaccións que manteñas con 13 Editora, incluídos os que nos achegues mediante unha rede social ou outra aplicación. Estes datos dependen da túa propia configuración de privacidade, uso da rede social ou aplicación, así como das políticas de privacidade propias de cada rede social ou aplicación. Por favor lee as mesmas con atención antes de facilitar datos a través desas redes sociais ou aplicacións.

1. Número co que se identifica cada dispositivo cando accede a unha rede.

  • En ningún caso se recollen datos persoais sen que x titular o coñeza. Só se empregarán os teus datos se nos dás a túa autorización. Se non é así, non nos comunicaremos contigo, nin almacenaremos, nin trataremos os teus datos de ningunha forma.
  • En ningunha circunstancia venderemos, comerciaremos ou alugaremos os teus datos persoais. Tampouco cederemos os mesmos excepto nos casos que se indican no apartado “Cando comunicaremos os teus datos a outrxs?” da presente política de privacidade.
  • Toda a información que nos achegues gardarase nun ficheiro automatizado e confidencial. Ademais saberás que datos consideramos imprescindibles para levar ao cabo unha acción determinada e cales poderás deixar en branco ou encher segundo o teu criterio.
  • Consideramos que toda a información que nos facilitas é verdadeira e precisa. Se decides comunicarnos datos persoais, entendemos que son teus ou que contas con autorización para darnos esa información.
  • Cando deixas os teus datos nos formularios da web estás a aceptar expresamente o contido desta “política de privacidade” e autorizas a que se usen os teus datos para as fins especificadas. Se non concordas coa “política de privacidade”, por favor, non nos deixes os teus datos. Escribe unha mensaxe coa túa opinión ou as túas dúbidas a 13editora@13editora.org e responderémosche canto antes.
  • No caso de nos facer un pagamento ou de realizar calquera outro tipo de acción con 13 Editora os teus datos usaranse para xestionar as túas achegas económicas e para enviarche información sobre as nosas actividades.

Para poder cumprir coa nosa misión de construción e desenvolvemento de alternativas e resposta social en prol dun mundo máis xusto onde se respecten os dereitos, as liberdades e o medio ambiente, tratamos os datos de quen nos dá o seu consentimento para desenvolver as seguintes finalidades lexítimas:

  • Enviar información sobre 13 Editora, os eidos de actuación marcados nos seus principios así como os proxectos, iniciativas e estruturas que se relacionan con ela vía SMS, Teléfono, correo postal, email incluso cando a nosa relación teña terminado salvo que a persoa interesada manifeste o contrario.
  • Invitar a actos ou eventos que organice 13 Editora.
  • Realización de enquisas de carácter diverso.
  • Actividades básicas de elaboración de perfís, en base á información que directamente nos proporcionas, e destinada a asegurar a adecuada xestión das anteriores actividades.

Adicionalmente, tamén tratamos os teus datos para o envío, incluso por medios electrónicos, de comunicacións de natureza similar ás que teñas participado con anterioridade.

A persoa interesada pode opoñerse a recibir este tipo de comunicacións promocionais, agora ou en calquera outro momento, enviando un correo electrónico ao enderezo electrónico 13editora@13editora.org.

O tratamento dos teus datos de carácter persoal está directamente relacionado co mantemento da túa relación con 13 Editora así como dunha correcta xestión da mesma.

13 Editora está lexitimada para o tratamento dos teus datos a través do teu consentimento en primeiro lugar, e por resultar necesario para dar cumprimiento ás obrigas contractuais derivadas de dita relación.

O tratamento dos teus datos persoais para o envío de información similar á que teñas participado, responde a un interese lexítimo e está autorizado pola normativa actual.

Tes dereito:

  • A saber se estamos a tratar os teus datos ou non.
  • A acceder aos teus datos persoais.
  • A solicitar a rectificación dos teus datos se son inexactos.
  • A solicitar a supresión dos teus datos se xa non son necesarios para as fins para as que foron recollidos ou se nos retiras o consentimento outorgado.
  • A solicitar a limitación do tratamento dos teus datos, nalgúns supostos, en cuxo caso só os conservaremos de acordo coa normativa vixente.
  • A portar os teus datos, que che serán facilitados nun formato estruturado, de uso común ou lectura mecánica. Se o prefires, podémosllos enviar ao novo responsable que nos designes. Só é valido nalgúns supostos.
  • A presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ou autoridade de control competente, se cres que non te atendemos correctamente.
  • A revocar o consentimento para calquera tratamento para o que consentises, en calquera momento.

Por outra banda agradecémosche que nos comuniques se modificas algún dato para así mantelos actualizados.

Na Axencia Española de Protección de Datos está rexistrado un ficheiro de datos persoais que contén información dxs usuarixs e interesadxs.

Os teus datos son teus e tes dereito a saber que facemos con eles, así como a exercitar os teus dereitos de reclamación, acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación e/ou oposición ao tratamento. Para iso debes empregar unha comunicación escrita a través da canle de comunicación que prefiras:

  • Mándanos unha mensaxe a 13editora@13editora.org.
  • Escríbenos unha carta dirixida a r/ Augusto González Besada, 26, 36700, Tui.

Se tes calquera dúbida sobre a nosa política de datos persoais, sempre podes consultar ademais á Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es), c/ Jorge Juan 6, E-28001 Madrid, teléfono 901 100 099 e sede electrónica https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/.

A seguridade dos teus datos persoais é fundamental. Nos espazos da web onde deixas os teus datos, usamos a tecnoloxía SSL2, para protexer os datos que envíes por internet. Ademais só teñen acceso aos datos persoais aquelas persoas de 13 Editora que necesitan empregalos para realizar o seu labor correctamente. 2. Secure Socket Layer ou Protocolo de Capa de Conexión Segura.

En ningún caso venderemos, comerciaremos, alugaremos ou cederemos os teus datos persoais.

Os únicos casos nos que comunicaremos os teus datos a outrxs son os que se presentan a continuación:

  • Administracións Públicas. Nas situacións necesarias para o cumprimento das obrigas legais ás que 13 Editora está suxeita pola súa actividade.
  • Autoridade Xudicial ou Administrativa. Se unha autoridade solicita os teus datos dos nosos ficheiros, comunicarémosllos sempre que se respecten os preceptos previstos legalmente e só comunicaremos os datos precisos. Non atenderemos peticións de información formuladas de xeito xenérico ou de forma indiscriminada, calquera que sexa o organismo que o solicite.

Calquera outra cesión de datos persoais que poida realizarse dende 13 Editora, informarache oportunamente.

Pepa Loba, e polo tanto, 13 Editora, ten os servizos contratados en entidades ubicadas no Espazo Económico Europeo (“EEE”).

No que respecta aos países alleos ao EEE, a Comisión Europea clasifícaos en dous tipos:

  • Países cun nivel adecuado de protección de datos de acordo coas normas do EEE, cuxa listaxe completa dos devanditos países figura dispoñible aquí.
  • Países cun nivel non adecuado de protección de datos de acordo coas normas do EEE. Nestes países a Pepa Loba subscribe contratos, garantías e salvagardas necesarias para preservar a túa privacidade cumprindo coas regulacións da Unión Europea en materia de datos persoais.

Se tes calquera dúbida ou consulta relacionada coas garantes da túa privacidade ou datos podes comunicalo a través do enderezo electrónico 13editora@13editora.org.

13 Editora conservará os teus datos persoais mentres se manteña a túa relación connosco e incluso tras da finalización da mesma por calquera causa durante os prazos de prescrición legais que sexan de aplicación, se non nos comunicas o contrario. Neste caso trataranse a efectos de acreditar o cumprimento das nosas obrigas legais e/ou contractuais.

Ademais conservaremos a túa información persoal o tempo necesario ou permitido en atención ás fins polas cales se obtivera. Os criterios empregados para determinar  os prazos de conservación inclúen as nosas obrigas legais, necesidades estatísticas ou o feito de que a conservación sexa ou non aconsellable en función da nosa postura xurídica.

En ningún caso se recollen datos persoais sen que ti esteas informadx e o autorices. Só se empregarán os teus datos se ti nos autorizas a facelo.

Cando deixas os teus datos nos formularios da web estás a aceptar expresamente o contido desta “politica de privacidade” e autorizas a que se usen os teus datos para as fins especificadas. Se non concordas coa “política de privacidade”, por favor, non nos deixes os teus datos.

De todas formas se tes dúbidas concretas sobre o tratamento dos teus datos escribe unha mensaxe a 13editora@13editora.org ou a través do formulario, e responderémosche canto antes.

Toda a información que nos achegues almacenarase nun ficheiro automatizado e confidencial.

En ningún caso cederemos os teus datos terceirxs, agás que unha autoridade xudicial ou administrativa nolos requira de xeito oficial. Neste caso só se comunicarán estes se se respectan todos os preceptos legais.

Ademais, nos espazos da web onde deixas os teus datos usamos a tecnoloxía SSL3, para protexer os datos que envíes por internet.

3. Secure Socket Layer ou Protocolo de Capa de Conexión Segura.