Desobedecer. Pequeno manual

As grandes corporacións son hoxe un látego que golpea de xeito constante calquera forma de vida que exista no planeta concibindo a este último como unha grande despensa da que servirse para obter rendementos económicos. As lóxicas do mercado baseadas no sometemento de calquera cuestión á idea de beneficio infinito conforman un mundo onde a emerxencia climática ou a violación de dereitos e liberdades son unha constante.

Desobedecer, pequeno manual é un instrumento cunha vocación eminentemente práctica escrito por Xavier Renou para poder construír novos camiños a través da desobediencia civil que permitan apoderar a todas aquelas persoas, organizacións e comunidades que busquen facer fronte aos abusos dos gobernos e as grandes corporacións.

A idea dunha sociedade organizada e soberana que se conciencie da súa enorme capacidade ao tempo que adquire novas formas de construción e resposta social configura o epicentro da presente obra.  Desobedecer, pequeno manual aborda os elementos fundamentais para poder dotar ás persoas e comunidades dos instrumentos, o enfoque e o repertorio claves para poder levar ao cabo unha actuación baseada na desobediencia civil.

Autor/a

Xavier Renou

Diplomado en Ciencias Políticas, activista e autor anticapitalista

Ficha técnica

Idioma Galego
Nº páxinas 210
Cor
Tapa Branda
ISBN 978-84-120523-6-7