Janet Biehl é unha das grandes teóricas da ecoloxía social. En 1986 iniciará a súa relación con Murray Bookchin no Instituto para a Ecoloxía Social. Estivo moi involucrada con Burlington Greens e con Left Green Network durante os anos 80 e 90, ademais de que publicará e coeditará con Bookchin a renomeada revista Left Green Perspectives (1986-2000). Biehl ten unha perspectiva política do sistema baseada no desenvolvemento dunha democracia radical e asemblearia. Ademais a autora escribirá numerosos artigos e libros que a situarán como unha das figuras de referencia da ecoloxía social a nivel global.