Varixs Autorxs (DS)

Carlos Taibo, Enrique del Teso, Proyecto UNA, Miquel Ramos, Erika González, Alfons Pérez

Alfons Pérez é enxeñeiro e investigador no Observatorio da Débeda na Globalización (ODG), focalizado na transición ecosocial, é especialista en enerxía, clima e finanzas.

Carlos Taibo, escritor e politólogo, é un referente estatal do decrecentismo, o anarquismo, o movemento antiglobalización, a democracia directa e a autoxestión.

Enrique del Teso, Doutor en Fiolosofía e Letras, é filólogo e profesor titular na área de Lingüística Xeral na Universidade de Oviedo, onde traballa en pragmática, comunicación e comunicación non verbal.

Erika González, investigadora do OMAL, estuda as violacións de dereitos perpretadas polas transnacionais, especialmente o IBEX-35, e as relacións coloniais norte-sur.

Miquel Ramos é xornalista e investigador especializado en extrema dereita, crimes e discurso de odio e movementos sociais.

Proyecto UNA é unha colectividade millenial enfocada en desenmascarar e monitorizar novos xeitos de fascismo na cultura e internet.