13 libros que cambiaron a historia: Primavera silenciosa

A segunda proposta da nosa serie 13 libros que cambiaron a historia marcou un punto de inflexión no xeito no que a sociedade entendía a súa relación coa natureza, espertando o interese da primeira pola segunda, sentando as bases da concienciación medioambiental e abrindo os ollos a xeracións enteiras sobre unha problemática que, hoxe, está máis presente que nunca. Primavera […]

13 libros que cambiaron a historia: Mulleres, raza e clase

Os libros poden cambiar o mundo. Ao longo da historia foron moitos os escritos que marcaron un punto de inflexión, un antes e un despois no fluír do pensamento humano. Textos saídos das brillantes mentes de autorxs que souberon coma ninguén ler entre as liñas do seu tempo e non só interpretar, senón tamén explicar e facer entender (tanto ás […]

Obxectivo acadado!

O pasado mes de novembro foi acadado o obxectivo fixado para o crowfunding de lanzamento de 13 Editora. A campaña #botasenfalta permitiu recadar os cartos precisos para financiar a edición dos primeiros títulos escollidos para comezar esta nova andaina. Moitas grazas a todas as persoas participantes na campaña! En breve, teredes máis informaciónns sobre os seguintes pasos de 13 Editora.