Novo libro!! Sociedade en Venda: violencias corporativas e resistencias colectivas

Presentámosvos a publicación do novo volume das xornadas Ágora R. Sociedade en Venda: violencias corporativas e resistencias colectivas recolle as achegas das persoas que participaron como relatoras no encontro celebrado en Vigo entre o 20 e o 23 de marzo de 2024. Na actualidade, o poder económico e político atópase cada vez máis concentrado en poucas mans. As grandes corporacións, […]

Xeopolítica. A longa historia do presente. Yves Lacoste e a xeopolítica como ferramenta de análise

No ano 2006, o xeógrafo francés Yves Lacoste publicou “Xeopolítica. A longa historia do presente”, unha obra que propón unha lectura innovadora das relacións internacionais a través da superposición de mapas e escalas de análise. Lacoste, fundador da revista Hérodote e considerado un dos pais da xeopolítica moderna, ofrece neste libro unha perspectiva que supera a visión tradicional dos conflitos […]

Augusto Zamora e a xeopolítica crítica

Dicía Marx, e popularizaba Rafael Correa, que a liberdade de prensa é a liberdade do dono da imprenta. Así, a información que se recebe a través dos grandes medios de comunicación está cada vez máis condicionada por un oligopolio mediático que impón unha visión maniquea da realidade. Esta é a premisa da que parte Augusto Zamora no seu ensaio “Política […]

BRICS e a orde mundial: a visión crítica de Aníbal Garzón

Vivimos unha época de mudanzas xeopolíticas profundas, mais o relato dominante segue a filtrarse case sempre a través do prisma occidental. Mentres as potencias do norte global debaten sobre alianzas e sancións, no sur xorden plataformas que aspiran a reescribir as regras do xogo internacional. Un deses espazos é o bloque BRICS, e o sociólogo Aníbal Garzón o sitúa no […]

Como a monetización do odio rompeu o debate público na era das plataformas

O ensaio “La viralidad del mal. Quién ha roto internet, a quién beneficia y cómo vamos a arreglarlo”, publicado por Descontrol Editorial no ano 2024, constitúe unha análise detallada sobre a deterioración da conversa cidadá no ámbito dixital e o papel determinante das grandes corporacións tecnolóxicas neste proceso. A obra, asinada polo colectivo Proxecto UNA, insírese nun contexto histórico marcado […]

“All In”: Unha Teoría Revolucionaria para Deter o Colapso Climático

“Non existe un movemento anticapitalista […] cun plan de acción compatible cos prazos límite climáticos”. Esta é a tese inicial de “All In: A Revolutionary Theory to Stop Climate Collapse”, libro escrito en 2025 por activistas de Climáximo, movemento de desobediencia civil de acción polo clima en Portugal. As persoas autoras, Mariana Rodrigues e Sinan Eden, acumulan anos de experiencia […]

O Capital Morreu: do capitalismo ao vectoralismo

Capital Is Dead: Is This Something Worse? (2019; O Capital Morreu), de McKenzie Wark, formula unha hipótese provocadora: o capitalismo industrial xa non sería o sistema dominante, senón que foi substituído por outro modo de produción baseado no control da información. Publicado por Verso, o ensaio propón o concepto de “vectoralismo” para describir esta nova orde económica. O obxecto da […]

Cédric Durand presenta o ‘Tecnofeudalismo’, unha análise crítica da economía dixital

No seu ensaio explícase como a dixitalización non consolidou un capitalismo competitivo senón que, segundo o autor, promoveu a concentración monopolista e unha relación de dependencia dos suxeitos coas plataformas. A obra detalla os elementos —datos, algoritmos e infraestruturas— que configuran esa nova organización social e económica. Sosténse a idea central de que a acumulación de capital deixou de basearse […]

Soberanía Tecnolóxica: Recuperar o control das tecnoloxías que moldean a nosa vida

Soberanía Tecnolóxica é un libro colectivo que parte dunha pregunta simple pero poderosa: quen controla as tecnoloxías que usamos a diario e con que fins? Coordinado por Alex Haché e escrito por diversas voces do software libre, redes descentralizadas, seguridade dixital e cultura tecnolóxica, ofrece unha reflexión crítica sobre os condicionantes sociais, políticos, económicos e ecolóxicos das tecnoloxías actuais. Ao […]

Recuperar a memoria para reconstruír a rede colectiva 

A historia de internet contada dende abaixo non é un relato de tecnoloxía, senón de loita colectiva. Marta G. Franco, no libro “Las redes son nuestras. Una historia popular de internet y un mapa para volver a habitarla”, desmonta o mito empresarial da rede para rescatar as voces dos seus verdadeiros arquitectos: hacktivistas, movementos sociais, traballadores precarios e comunidades marginais […]