Municipalismo Libertario

Faite con el

No mundo actual a omnipresente depredación capitalista afoga cada bafo de vida. A violación de dereitos e liberdades, a aceleración da emerxencia climática ou o afastamento das institucións por parte da cidadanía son consecuencias dun sistema tóxico que só pensa no beneficio económico e que confía cegamente nun mantra imposible: o crecemento infinito, nun mundo finito.

As Políticas da Ecoloxía Social: Municipalismo Libertario é unha ferramenta clave desenvolvida meticulosamente por Janet Biehl para poder introducirnos nas ideas dunha das maiores figuras do pensamento alternativo de finais do s. XX: Murray Bookchin. Unha voz que conseguiu conformar unha vía a través da que reconfigurar o espazo do contrapoder, para avanzar cara un mundo máis xusto.

A idea de reemprazar o Estado-nación a través de asembleas populares confederadas que tomen o poder municipal vertebra a presente obra. As Políticas da Ecoloxía Social: Municipalismo Libertario dará as claves para poder conformar ese novo sistema apoiándose na explicación dos conceptos e elementos clave, así como na descrición de casos reais ao longo da historia.

Autor/a

Janet Biehl

Unha das grandes teóricas da ecoloxía social.

Ficha técnica

Idioma Galego
Nº páxinas 322
Cor
Tapa Dura
ISBN 978-84-120523-4-3