XA ESTAMOS NAS RÚAS: MOITAS GRAZAS!!!!

Xa estamos na rúa!! O pasado sábado compartimos con todxs vós a presentación de 13 editora!!! Só podemos ter verbas de agradecemento para esas máis de 70 persoas que ateigastes o local no acto e a esas máis de 100 persoas que nos acompañastes en vivo polas redes!! Moitísimas grazas polo apoio, polas verbas de agarimo e, sobre todo, por querer acompañarnos nesta viaxe de loita, xustiza e dignidade.

Agora tócanos continuar escribindo día a día verbas disidentes para construír contrapoder. Espérannos obras, ideas e conceptos cheos de forza que nos nutrirán de novos enfoques para entender a realidade dende outra óptica, ao tempo que nos permitirán organizarnos de xeito efectivo en prol dunha construción social máis xusta.

Dende agora toca tecer rede e buscar fendas. Toca encontrarnos e de crear saídas. E, dende logo, toca que todas esas persoas que trememos de indignación cando se comete unha inxustiza no mundo sexamos compañeiras. Vémonos nas rúas!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *