ESPERÁMOSTE MAÑÁ… PRESENTACIÓN DE 13 EDITORA!

Como xa comunicamos hai 15 días, mañá, sábado 14 de maio, presentamos 13 editora! Esperamos poder iniciar a nosa andaina compartindo contigo este proxecto que busca dotar á cidadanía, en xeral, e aos/ás activistas e ás organizacións, en particular, de instrumentos efectivos de organización e construción social.

A presentación de 13 editora terá lugar en Simia Espacio (Rúa Alfonso XIII, 9 – baixo esq., Vigo) ás 20:00 (apertura de portas ás 19:30) e permitirá coñecer de primeira man as principais liñas do proxecto.

Ademais no evento estarán dispoñibles os primeiros libros e fanzines que dan inicio a este selo editorial que busca producir obras ateigadas de verbas disidentes para construír contrapoder. Queremos iniciar este traxecto con todas esas persoas que conciben a realidade a través dunha ollada crítica, independente e emancipadora, e que queren contribuír á construción dun mundo máis xusto. Se é o teu caso… Esperámoste mañá na presentación!!

Evento Facebook: Presentación 13 Editora

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *