ALTERNATIVAS AO PODER CORPORATIVO

Nesta ocasión queremos adicar este espazo a presentarvos outra das publicacións de 13 Editora que viu a luz o pasado 14 de Maio coincidindo coa presentación da nosa editora. Alternativas ao poder corporativo, unha obra de Gonzalo Fernández Ortiz de Zárate.

A presente obra é unha peza directa que analiza polo miúdo o alcance actual do poder corporativo no plano internacional, das consecuencias nefastas que ten para os dereitos da cidadanía e como resulta incompatible coa mesma vida do planeta.

Alonxándose doutras obras que non deixan máis que desacougo ante o inmenso poder das corporacións, o autor ofrece tal e como indica o título un total de 20 propostas concretas que foron postas en marcha por colectivos e individuxs, co obxectivo de minorar o poder corporativo que sustenta o sistema capitalista actual.

Tendes toda a información da obra e o autor na nosa web. Deixámosvos co booktrailer, non perdades a oportunidade de facervos con esta obra imprescindible ante a crise que se aveciña!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *