Faite con el
As sociedades actuais medran absolutamente sometidas ás lóxicas de mercado que poñen no centro os beneficios das grandes transnacionais. No mundo que se abre paso no século XXI, as persoas e o planeta atópanse completamente sometidos ao goberno das corporacións que contan ademais coa connivencia dos estados e os seus organismos.
A través das páxinas deste libro abórdase a análise das violencias e abusos cometidos polas grandes empresas transnacionais, ao tempo que se concretan estratexias, ferramentas e alternativas coas que poder construír resistencias colectivas que enfronten esa situación.
Esta obra é o peche dun proceso de construción colectiva impulsado por ECOAR))) a través do seu proxecto Ágora R que pretende dotar á cidadanía de ferramentas e recursos que lle permitan reflexionar sobre o seu papel como axente de cambio.
Autor/a
Varixs autorxs
Aurora Labio, Hibai Arbide, María Pazos, Óskar Matute, Pere Ortega, Pere Rusiñol, Sara Martín, Sergio Salgado
Ficha técnica
| Idioma | Galego |
| Nº páxinas | 173 |
| Cor | Sí |
| Tapa | Branda |
| ISBN | 978-84-120523-7-4 |

