Aurora Labio, Hibai Arbide, María Pazos, Óskar Matute, Pere Ortega, Pere Rusiñol, Sara López Martín, Sergio Salgado
Aurora Labio é doutora en xornalismo, é profesora de “Estrutura da Información” na Facultade de Comunicación da Universidade de Sevilla e foi tamén profesora visitante en universidades de México e Cuba.
Hibai Arbide, é un activista, avogado e xornalista vasco. Durante case dúas décadas, estivo implicado en cuestións relacionadas coas fronteiras e a liberdade de movemento; primeiro como activista, logo como avogado e agora como xornalista.
María Pazos é feminista, matemática e investigadora. Adica gran parte da súa carreira profesional á comparativa dos sistemas impositivos de diferentes países e a súa relación coa desigualdade de xénero. Foi xefa de estudos no Instituto de Estudios Fiscales.
Óskar Matute é un político e activista vasco cunha longa traxectoria, que vai dende os seus comezos nos movementos de insumisión ao servizo miltiar obrigatorio e o pacifismo ata a esquerda abertzale na actualdiade, pasando polo sindicalismo de clase.
Pere Ortega, licenciado en Historia Contemporánea e cun posgrao en Facenda Pública, Pere Ortega conta cunha extensa traxectoria no activismo antimilitarista e pola paz como investigador e analista. É profesor de Conflictoloxía na Universitat Oberta de Catalunya, é presidente honorario do Centro Delàs de Estudios por la Paz e foi presidente da Federación de ONG per la Pau ata 2013.
Pere Rusiñol xornalista, socio e fundador das revistas Alternativas Económicas e Mongolia, así como colaborador regular de elDiario.es. Foi redactor xefe de El País e adxunto de dirección en Público ata o peche da súa edición en papel.
Sara López Martín é avogada e unha destacada activista, cun enfoque particular nos movementos sociais.
Sergio Salgado é menbro do INSTITUTO PARA A DIXITALIZACIÓN DEMOCRÁTICA (Xnet), unha rede de especialistas e activistas que propón solucións avanzadas en diferentes campos relacionados cos dereitos dixitais.


