Hoxe, 10 de maio, cúmprese o 87 aniversario da coñecida como queima de Opernplatz. Durante esa noite de 1933, ao redor de 20.000 libros foron queimados na coñecida praza nun acto organizado pola Liga Nacionalsocialista de Estudantes Alemáns/ás, que congregou ao redor de 70.000 persoas. Foi a primeira (e posiblemente, a máis recordada) dunha serie de queimas que tiveron lugar en todo o país, e que supuxeron o espolio e destrución de coleccións de 21 universidades alemás. Deste xeito, e durante anos, o nacionalsocialismo intentou eliminar aqueles volumes que, ao seu parecer, puñan en perigo os valores alemáns (estas queimas tiveron lugar no marco da campaña “Aktion wide den undutschen Geist”, ou Acción contra o espírito anti-alemán).
A queima de libros foi unha práctica extendida dende o principio da súa historia polos réximes e gobernos totalitarios, opostos á liberdade de pensamento, ao desenvolvemento crítico e ao progreso intelectual.
Pero as boas ideas, afortunadamente, son máis resistentes que o papel.
Imaxe: autoría descoñecida.