As Políticas da ecoloxía social. Municipalismo libertario

Hoxe queremos achegarvos un dos títulos publicados recentemente por 13 Editora: As Políticas da ecoloxía social. Municipalismo libertario, de Janet Biehl.

Ao longo da obra de Janet Biehl, teórica da ecoloxía social, achégansenos as ideas de Murray Bookchin, unha das principais figuras do pensamento crítico socio-político de finais do s. XX.

O texto amosa como as comunidades locais poden afrontar os desafíos, tanto sociais como ecolóxicos, nun mundo cada vez máis globalizado a través do municipalismo libertario para así poder construír sociedades que se conformen ao redor dun enfoque baseado na sustentabilidade e no empoderamento colectivo.

O compromiso cidadán e a participación activa poden impulsar políticas locais máis xustas co obxectivo final de reemprazar o Estado-nación por asembleas populares confederadas. Biehl destaca exemplos inspiradores de movementos de base que acadaron cambios significativos a nivel local.

As Políticas da Ecoloxía Social. Municipalismo Libertario acende a faísca do cambio bríndándonos unha visión esperanzadora dun mundo no que as comunidades organizadas en asembleas municipais teñen o poder de moldear un novo sistema e traballar cara a un futuro máis sostible e xusto.

Tedes toda a información na nosa web. Podedes facervos cun exemplar na nosa tenda online ou en calquera dos puntos de venda.

Non volo perdades!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *