Democracia Secuestrada: Ameazas Globais e Autodefensa

Anunciámosvos o lanzamento dun novo libro. Democracia Secuestrada: Ameazas Globais e Autodefensa é unha compilación dos textos desenvolvidos por cada un e cada unha dxs relatorxs das xornadas co mesmo nome, que tiveron lugar en Vigo do 15 ao 18 de marzo de 2023.

O mundo actual caracterízase por unha hiperconexión global, onde diversos axentes, incluíndo empresas transnacionais, estados e outros organismos, interaccionan nun modelo político e económico en constante transformación. Este sistema que pon en risco os dereitos humanos e o medio ambiente, e que oprime a individuos en calquera parte do globo, do norte ao sur global, require dunha reflexión profunda e colectiva sobre como enfrontar estes perigos..

O libro Democracia Secuestrada: Ameazas Globais e Autodefensa mergúllase na comprensión das relacións de poder e contrapoder, destacando os seus protagonistas e as estratexias necesarias para resistir ás ameazas globais. É unha obra que busca ampliar a nosa comprensión sobre o funcionamento do sistema mundial e os movementos sociais e políticos en ascenso.

Democracia Secuestrada: Ameazas Globais e Autodefensa é unha obra que analiza os riscos aos que se enfronta a soberanía popular, tanto por parte das corporacións como da extrema dereita, así como desenvolve propostas a través das que enfrontar estes desafíos.

Este libro pretende servir como fonte de coñecemento e inspiración para todxs xs que desexen comprender o mundo actual así como que busquen contribuír á defensa dos dereitos humanos e do medio ambiente.

Podes facerte cun exemplar na nosa tenda online ou nos nosos puntos de venda.

One comment on “Democracia Secuestrada: Ameazas Globais e Autodefensa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *