Cada 17 de maio, dende o ano 1963, Galicia celebra a festa da súa literatura e a súa lingua nai súa festa da literatura e a lingua nai, o Día das Letras Galega. Son xa 57 anos de tributo aos/ás grandes expoñentes da nosa fala, dende Rosalía de Castro até Antón Fraguas, pasando por Castelao, Cabanillas, Otero Pedrayo, Celso Emilio, María Mariño ou María Victoria Moreno Márquez, entre moitxs outrxs.
Todxs elxs destacaron polo seu talento literario e polo manexo e defensa do galego (algúns/has, en etapas nas que o orgullo pola propia lingua tiña consecuencias fatais). Moitxs, ademais, puxeron o seu talento coa palabra ao servizo da construción identitaria do país e do seu compromiso político, e permaneceron fieis ás súas ideas políticas.
O autor ao que se dedica o Día das Letras Galegas neste 2020 combina ambos os dous perfís. Ricardo Carvalho Calero foi un dos máis destacados filólogos da lingua galega, ademais do primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega co que contou a Universidade de Santiago de Compostela, integrante da Real Academia Galega e expoñente do reintegracionismo. Pero tamén foi un republicano convencido, participante na defensa de Madrid durante a Guerra Civil, integrante do batallón Félix Bárzana da FETE-UGT, sindicato no que estaba afiliado. O seu compromiso supuxo para el, primeiro, un consello de guerra por separatista, e logo, unha estadía no cárcere, do que saíu en 1941, en liberdade provisional. Xa de regreso en Ferrol, retomou o seu traballo como docente (primeiro en colexios, logo na universidade), investigador e escritor, eidos que compaxinou até 1980, ano da súa xubilación. Dende entón centrouse na súa gran paixón, a literatura.
Carvalho Calero tivo en vida un perfil discreto orientado á excelencia, a honestidade creativa e a coherencia ideolóxica e identitaria. Trinta anos despois da súa morte (en 1990), é recoñecido como referente indispensable da historia da lingua galega, da investigación filolóxica, da docencia en diversos niveis educativos e, por suposto, da creación literaria.
Feliz día das Letras Galegas!
Imaxe: autoría descoñecida.