En 2020, a investigadora Shoshana Zuboff popularizou o concepto de “capitalismo de vixilancia” co libro The Age of Surveillance Capitalism. Poucos meses despois, o escritor e activista Cory Doctorow respondeu con “How to Destroy Surveillance Capitalism”, un ensaio publicado na revista dixital “OneZero”.
Doctorow sostén que as grandes plataformas tecnolóxicas manteñen o seu poder grazas ao control monopolístico da internet comercial. Segundo o autor, empresas como Google, Meta, Amazon e Apple utilizan os datos das persoas usuarias para mostrar anuncios personalizados segundo os seus intereses e hábitos. Este sistema incrementa os ingresos publicitarios das plataformas e dificulta que empresas máis pequenas poidan competir en igualdade de condicións.
O ensaio relaciona este modelo coa concentración empresarial nos Estados Unidos e coas leis de propiedade intelectual. Doctorow afirma que medidas como as patentes de software, os dereitos de autor ou determinadas restricións técnicas dificultan a competencia e reforzan a posición dominante das grandes plataformas, limitando a aparición de alternativas independentes.
O autor tamén considera que a difusión da desinformación está máis ligada á desigualdade social e á precariedade que á suposta capacidade absoluta dos algoritmos para condicionar as ideas e os intereses das persoas usuarias. Segundo a súa análise, a vulnerabilidade social favorece a expansión da manipulación e da desinformación nas redes dixitais.
Como solución, Doctorhow propón a fragmentación das grandes corporacións tecnolóxicas e a implantación da interoperabilidade forzosa. Esta medida permitiría utilizar aplicacións independentes para comunicarse cos servizos das plataformas dominantes, reducindo así a dependencia das grandes empresas dixitais e o chamado “efecto rede”.
Fontes
Doctorhow, C. How to Destroy Surveillance Capitalism https://www.ojisanseiuchi.com/attachments/2020/10/10/destroy_surveillance.pdf


