Hai quince días anunciabamos que a espera concluía por fin para nós, e que o lanzamento de 13 Editora estaba xa moi próximo. Hoxe podemos confirmar que os nosos plans avanzan segundo o previsto, e que moi cedo poderemos comunicar oficialmente a data de presentación deste proxecto co que agardamos poñer o noso gran de area na construción dunha sociedade máis libre, xusta e plural.
O mes pasado animábamos aos/ás lectorxs a seguir todas as novidades deste lanzamento a través desta mesma web e das redes sociais de ECOAR))). Hoxe querémosvos animar a prestar moita atención ás librarías nas que entredes; aos carteis de mobilizacións e iniciativas de corte crítico e emancipador que atopedes polas rúas; aos establecementos dedicados ao desenvolvemento de proxectos afíns aos principios que xs que estamos aquí (lendo estas liñas) compartimos. Quen sabe, talvez atopedes algo que vos faga pensar en nós…