13 Editora retoma a súa viaxe

Hai xa uns meses que 13 Editora ten todo listo para, despois de moito tempo de preparación, saír finalmente á rúa cos primeiros títulos editados. Lamentablemente, o contexto deste 2020 fixo imposible que se cumprisen os prazos marcados, e o esperado día no que por fin poderíamos achegar o noso traballo á cidadanía tivo que ser adiado en varias ocasións. 

Hoxe, por fin, temos a enorme ledicia de comunicar que retomamos o camiño emprendido alá por 2016, cando tomamos a decisión de poñer en marcha un proxecto independente que, dende a palabra escrita, contribuíse ao desenvolvemento do pensamento crítico e emancipador da cidadanía. Un proxecto que avogase pola proactividade, o empoderamento e a toma de acción para influír na realidade da nosa contorna.  

A saída de 13 Editora está xa moi preto. Por iso, nas vindeiras semanas iremos compartindo algunhas novas ao respecto, e ofrecendo novos materiais con algunhas pistas sobre o que está por vir. Non as perdades de vista na web e nas redes sociais de ECOAR)))!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *