VÉMONOS NAS RÚAS… PRESENTACIÓN DE 13 EDITORA!

Convencidxs de que os proxectos de carácter social só poden ter éxito se se constrúen en equipo, anunciámosche que imos presentar 13 editora! Así, despois dunha longa espera, entendemos que chegou o momento de abrir as nosas portas para poder explicarche o proxecto en persoa.

O vindeiro sábado 14 de maio ás 20:00 (apertura de portas ás 19:30) realizaremos a presentación de 13 Editora en Simia Espacio (Rúa Alfonso XIII, 9 - baixo esq., Vigo). Alí esperamos poder compartir contigo as principais liñas desta editorial coa que pretendemos contribuír ao desenvolvemento do pensamento crítico, independente e emancipador da cidadanía; ao tempo que dotamos de ferramentas técnicas e efectivas ás organizacións e aos/ás activistas.

A presentación será un espazo onde nos atoparemos as persoas que andamos en busca de verbas disidentes para construír contrapoder. En 13 Editora buscamos que os nosos libros sexan instrumentos que creen pontes entre as persoas que teñen unha concepción crítica da realidade e que aspiran a crear un mundo máis xusto. Esperamos poder contar contigo o vindeiro 14 de maio na presentación!!

Vémonos nas rúas...

Evento Facebook: Presentación 13 Editora

One comment on “VÉMONOS NAS RÚAS… PRESENTACIÓN DE 13 EDITORA!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *