Queremos compartir con vós unha nova: 13 Editora participará no Culturgal 2023!!, unha cita imprescindible para a cultura galega. O Culturgal é unha xanela aberta onde autorxs, artistas, editorxs e o público en xeral reúnense para achegarse á cultura e á tradición de Galiza.
Como xa sabedes, 13 Editora é un proxecto que busca ir moito máis aló do traballo editorial. Traballamos para configurar un catálogo de obras que contribúan ao empoderamento das persoas, das comunidades e dos colectivos. Buscamos espallar unha ollada da realidade baseada no pensamento crítico a través de discursos plurais, ao tempo que ofrecemos textos formativos e informativos en ámbitos sociais, económicos, políticos e culturais.
Queremos que a participación de 13 Editora no Culturgal 2023 contribúa á visibilización das loitas fronte ás inxustizas que se dan ao longo de todo o globo, tecendo pontes entre as resistencias que se desenvolven en Galiza e en calquera outra parte do planeta.
No Culturgal 2023, esperamos poder achegarvos o noso catálogo. Un catálogo conformado por obras que, a través dunha ollada crítica e un enfoque baseado na creatividade, presentan diversas voces e olladas que conforman contrapoder a través do pensamento alternativo.
Onde e cando? O Culturgal 2023 terá lugar do 1 ao 3 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Estade atentxs ás nosas redes para enterarvos de máis detalles sobre a nosa participación neste evento.
Vémonos pronto!!