Sociedade en Venda

As sociedades actuais medran absolutamente sometidas ás lóxicas de mercado que poñen no centro os beneficios das grandes transnacionais. No mundo que se abre paso no século XXI, as persoas e o planeta atópanse completamente sometidos ao goberno das corporacións que contan ademais coa connivencia dos estados e os seus organismos. A través das páxinas deste libro abórdase a análise […]

Desobedecer. Pequeno manual

As grandes corporacións son hoxe un látego que golpea de xeito constante calquera forma de vida que exista no planeta concibindo a este último como unha grande despensa da que servirse para obter rendementos económicos. As lóxicas do mercado baseadas no sometemento de calquera cuestión á idea de beneficio infinito conforman un mundo onde a emerxencia climática ou a violación […]

Democracia Secuestrada

Os sistemas democráticos actuais atópanse nunha situación crítica marcada pola complexidade e a incerteza. Nun mundo hiperconectado e globalizado como o de hoxe, a soberanía popular vese gravemente ameazada tanto polas corporacións como pola extrema dereita. Ao longo destas páxinas analízase dende diversas olladas as ameazas que asexan as democracias e o funcionamento do sistema-mundo, ao mesmo tempo que se […]

Municipalismo Libertario

No mundo actual a omnipresente depredación capitalista afoga cada bafo de vida. A violación de dereitos e liberdades, a aceleración da emerxencia climática ou o afastamento das institucións por parte da cidadanía son consecuencias dun sistema tóxico que só pensa no beneficio económico e que confía cegamente nun mantra imposible: o crecemento infinito, nun mundo finito. As Políticas da Ecoloxía […]

Alternativas ao Poder Corporativo

A presente obra ofrece unha minuciosa análise do alcance actual do poder corporativo a nivel internacional, dos motivos polos que chegamos até aquí e das catastróficas consecuencias deste destrutivo sistema que, a todas luces, resulta incompatible coa vida das distintas especies que habitan o planeta (comezando polos seres humanos). Estes son algúns dos temas decisivos que Gonzalo Fernández Ortiz de […]

As Múltiples Caras de Anonymous

A sociedade do s. XXI constrúese a través das tecnoloxías de información e comunicación. Conformar novas vías, estruturas e formas de actuación é fundamental para o éxito do contrapoder. Neste novo contexto Anonymous marcará un punto de inflexión no imaxinario colectivo. Por que Anonymous conseguiu -triunfar na súa actuación? Cales son os seus principios e valores? Que factores permitiron o […]

Manual para Campañas Non-Violentas

O Manual para Campañas Non-Violentas é unha obra escrita no ano 2010 pola Internacional de Resistentes á Guerra co obxectivo de achegar á cidadanía información tanto teórica como práctica sobre o exercicio da non-violencia activa como forma de loita. Este manual é unha guía concibida para permitir xs lectorxs desenvolver as distintas fases de planificación, execución, avaliación e difusión de […]