Alternativas ao Poder Corporativo

Faite con el

A presente obra ofrece unha minuciosa análise do alcance actual do poder corporativo a nivel internacional, dos motivos polos que chegamos até aquí e das catastróficas consecuencias deste destrutivo sistema que, a todas luces, resulta incompatible coa vida das distintas especies que habitan o planeta (comezando polos seres humanos).

Estes son algúns dos temas decisivos que Gonzalo Fernández Ortiz de Zárate explora en Alternativas ao poder corporativo, unha obra directa, que non escatima en datos, referencias e argumentos. Un texto duro (polas realidades que toca) e honesto (polo xeito de abordalas), un tanto desacougante, pola súa capacidade para poñer branco sobre negro aquilo que está en xogo.

Pero non todo esta perdido. Por iso, o autor ofrece tamén unha serie de Alternativas ao poder corporativo, un total de 20 propostas concretas, reais e posibles. Un catálogo de iniciativas postas en marcha por colectivos, asociacións, comunidades e individuas/os, co obxectivo de minguar a cota de poder alcanzada polas grandes corporacións.

Autor/a

Gonzalo Fernández Ortiz de Zárate

Licenciado en Economía e investigador no Observatorio de Multinacionais en América Latina (OMAL).

Ficha técnica

Idioma Galego
Nº páxinas 346
Cor
Tapa Dura
ISBN 978-84-120523-3-6