A tese de Yanis Varoufakis: Tecnofeudalismo. Que matou ao capitalismo.

Que aconteceu co capitalismo? Baixo a aparencia das crises financeiras e do auxe das plataformas dixitais, o economista grego Yanis Varoufakis identifica un cambio estrutural. Na obra “Technofeudalismo: que matou ao capitalismo” (2024), sostén que o sistema baseado nos mercados perdeu centralidade e deu paso ao tecnofeudalismo.

O libro xorde no contexto posterior ao colapso financeiro de 2008. As inxeccións de liquidez dos bancos centrais non reactivaron o capitalismo clásico, senón que favoreceron ás grandes tecnolóxicas, que consolidaron feudos dixitais e a privatización do espazo virtual.

A tese central expón que plataformas como “Amazon” ou “Apple” substitúen o mercado por un sistema de rendas dixitais. As persoas usuarias convértense en produtoras de valor a través da súa actividade, xerando unha peaxe continua polo acceso aos servizos.

Segundo Varoufakis, esta mutación é tamén xeopolítica e social. O tecnofeudalismo axuda a explicar a nova tensión tecnolóxica entre Estados Unidos e a China, así como as dificultades das democracias para regular o poder das plataformas.

A obra recorre á cultura popular para ilustrar como este poder condiciona a mente e o comportamento. Lonxe de ser unha evolución natural, deféndese que supón un retroceso histórico, semellante ao feudalismo tradicional.

Finalmente, o libro formula un chamamento á acción: tomar conciencia do valor dos datos é clave para recuperar a soberanía dixital e avanzar cara a novas formas de emancipación no século XXI.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *