13 libros que cambiaron a historia: A granxa dos animais

Para esta quinta entrega da serie 13 Libros que cambiaron a historia aproveitamos unha boa nova que nos chega estes días dende o eido editorial galego: a próxima reedición da tradución á nosa lingua dun dos máis célebres relatos críticos sobre o totalitarismo e os seus estragos na sociedade, a fábula distópica de Orwell Animal farm (en español, Rebelión en la granja).

Animal farm (escrito en 1975 e editado en galego como A granxa dos animais) conta a historia dos animais habitantes da Granxa Manor, quen un día deciden acabar coa tiranía á que lles someten xs amxs, rebelándose (con éxito), tomando a granxa e botando fóra aos humanos que limitaban os seus dereitos e liberdades. Instáurase entón un novo sistema social segundo o cal todos os animais son iguais, e a granxa vive e desenvólvese en paz durante un tempo. Pero todo se complica cando xs novxs dirixentes se ven corrompidxs polo poder, e ao cabo, a clase libertadora (xs porcxs da obra) acaba sometendo ao resto da sociedade (cabalos, pitas, ovellas, etc.), tal e como os humanos facían antes da revolución.

Escrita hai xa 75 anos, e empregada durante décadas como ferramenta educativa en centros de ensino de Primaria e Secundaria de medio mundo, A granxa dos animais está hoxe, lamentablemente, tan vixente coma no momento da súa escritura, en plena Segunda Guerra Mundial, dado que existen aínda estados que funcionan baixo un rexime totalitario, aos que hai que sumar unha preocupante deriva totalitaria noutros cuxa democracia, aínda que algo feble, parecía estable. Así, A granxa dos animais lémbranos como o poder, cando devén en tiranía, trae consigo a corrupción, a explotación, a opresión, a perda da liberdade de expresión e a vulneración de dereitos.

📷 Imaxe de Rob Schmitz/NPR.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *