173 anos do Manifesto Comunista

A de hoxe é unha data importante. O 21 de febreiro de 1848 (data aceptada pola maioría dxs historiadorxs) tivo lugar a publicación do Manifest der Kommunistischen Partei (ou Manifesto do Partido Comunista), a obra escrita por Karl Marx e Friedrich Engels que se convertiría nun dos máis importantes documentos políticos, económicos e sociolóxicos de tódolos tempos.

A influencia deste escrito de apenas 100 páxinas en prácticamente todas as esferas da vida pública é indiscutible. O comúnmente coñecido como Manifesto Comunista acabaría por converterse no “texto de literatura política máis influínte dende a Declaración Universal Dos Dereitos do Home e do Cidadán”, segundo Eric Hobsbawm, unha das mentes máis relevantes do século XX.

Pero ademais do seu indiscutible valor como compendio de ideas, o Manifesto Comunista é unha proba máis do poder da palabra escrita, e mesmo do libro impreso. Encargado pola Liga Comunista, o Manifesto tiña entre os seus obxectivos contribuír a acadar o recoñecemento do comunismo como ideoloxía, “oficializando”, dalgún xeito, as súas premisas, e deixando constancia das súas bases nun documento “guía” que puidera ser copiado, compartido, analizado e discutido. 

Un documento, en definitiva, que serviu para potenciar o pensamiento crítico da cidadanía.

2 comments on “173 anos do Manifesto Comunista

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *