Soberanía Tecnolóxica: Recuperar o control das tecnoloxías que moldean a nosa vida

Soberanía Tecnolóxica é un libro colectivo que parte dunha pregunta simple pero poderosa: quen controla as tecnoloxías que usamos a diario e con que fins? Coordinado por Alex Haché e escrito por diversas voces do software libre, redes descentralizadas, seguridade dixital e cultura tecnolóxica, ofrece unha reflexión crítica sobre os condicionantes sociais, políticos, económicos e ecolóxicos das tecnoloxías actuais. Ao […]

Recuperar a memoria para reconstruír a rede colectiva 

A historia de internet contada dende abaixo non é un relato de tecnoloxía, senón de loita colectiva. Marta G. Franco, no libro “Las redes son nuestras. Una historia popular de internet y un mapa para volver a habitarla”, desmonta o mito empresarial da rede para rescatar as voces dos seus verdadeiros arquitectos: hacktivistas, movementos sociais, traballadores precarios e comunidades marginais […]

Armas de destrucción matemática, big data e poder

Desde 2010, o uso de algoritmos e sistemas de big data permite a corporacións e institucións controlar, clasificar e excluír persoas e colectivos vulnerables nas sociedades dixitais. Estes modelos automatizados, presentados como neutros, reproducen desigualdades preexistentes e amplifican discriminacións sociais. No libro Armas de destrucción matemática, Cathy O’Neil analiza como estes sistemas afectan ámbitos fundamentais como o crédito, o emprego, […]

A era do capitalismo de vixilancia: Zuboff Ante o Capitalismo de Vixilancia

A obra A era do capitalismo de vixilancia (2019), da profesora emérita Shoshana Zuboff, constitúe unha análise fundamental sobre o poder das tecnoloxías de extracción de datos. Publicada en pleno escándalo de Cambridge Analytica, o libro xorde como resposta á colusión entre corporacións como Google, Facebook e axencias gobernamentais para mercantilizar a experiencia humana. Zuboff documenta no libro como dende […]

Libros, ideas e contrapoder

Continuamos coas presentacións de 13 Editora polo territorio galego! Esta vez, estaremos na Coruña, na Tobeira de Oza, para falar de Libros, ideas e contrapoder que revolucionan e mudan o noso mundo. Agardámosvos o venres 12 de xaneiro ás 19:00h na Tobeira de Oza!  

Se decides agasallar, que sexa pensamento crítico!!

Podes escoller entre os exemplares de 13 Editora un proxecto editorial sustentable e autoxestionado. Traballamos na produción de contidos e ferramentas que contribúen a facer máis libres ás persoas, difundindo o pensamento crítico alternativo a través de discursos de carácter plural e ofrecendo textos de formación e información social, económica, política e cultural: 📚 Manual para campañas non-violentas 🎥 https://youtu.be/-a1_GnNHXUQ […]

Democracia Secuestrada: Ameazas Globais e Autodefensa

Anunciámosvos o lanzamento dun novo libro. Democracia Secuestrada: Ameazas Globais e Autodefensa é unha compilación dos textos desenvolvidos por cada un e cada unha dxs relatorxs das xornadas co mesmo nome, que tiveron lugar en Vigo do 15 ao 18 de marzo de 2023. O mundo actual caracterízase por unha hiperconexión global, onde diversos axentes, incluíndo empresas transnacionais, estados e […]

As Políticas da ecoloxía social. Municipalismo libertario

Hoxe queremos achegarvos un dos títulos publicados recentemente por 13 Editora: As Políticas da ecoloxía social. Municipalismo libertario, de Janet Biehl. Ao longo da obra de Janet Biehl, teórica da ecoloxía social, achégansenos as ideas de Murray Bookchin, unha das principais figuras do pensamento crítico socio-político de finais do s. XX. O texto amosa como as comunidades locais poden afrontar […]

ALTERNATIVAS AO PODER CORPORATIVO

Nesta ocasión queremos adicar este espazo a presentarvos outra das publicacións de 13 Editora que viu a luz o pasado 14 de Maio coincidindo coa presentación da nosa editora. Alternativas ao poder corporativo, unha obra de Gonzalo Fernández Ortiz de Zárate. A presente obra é unha peza directa que analiza polo miúdo o alcance actual do poder corporativo no plano […]

XA ESTAMOS NAS RÚAS: MOITAS GRAZAS!!!!

Xa estamos na rúa!! O pasado sábado compartimos con todxs vós a presentación de 13 editora!!! Só podemos ter verbas de agradecemento para esas máis de 70 persoas que ateigastes o local no acto e a esas máis de 100 persoas que nos acompañastes en vivo polas redes!! Moitísimas grazas polo apoio, polas verbas de agarimo e, sobre todo, por […]