Simona Levi: “Digitalización democrática” e a loita pola soberanía dixital

A transformación dixital avanza a un ritmo imparable, mais o debate público sobre ela segue, moitas veces, marcado polo medo ou o oportunismo acrítico. Neste escenario xorde a pregunta central: esta dixitalización está ao servizo da cidadanía ou consolídase sobre alicerces que ameazan os dereitos fundamentais? É neste contexto onde se sitúa o novo ensaio da activista e tecnopolítica Simona […]

O Capital Morreu: do capitalismo ao vectoralismo

Capital Is Dead: Is This Something Worse? (2019; O Capital Morreu), de McKenzie Wark, formula unha hipótese provocadora: o capitalismo industrial xa non sería o sistema dominante, senón que foi substituído por outro modo de produción baseado no control da información. Publicado por Verso, o ensaio propón o concepto de “vectoralismo” para describir esta nova orde económica. O obxecto da […]

ESPERÁMOSTE MAÑÁ… PRESENTACIÓN DE 13 EDITORA!

Como xa comunicamos hai 15 días, mañá, sábado 14 de maio, presentamos 13 editora! Esperamos poder iniciar a nosa andaina compartindo contigo este proxecto que busca dotar á cidadanía, en xeral, e aos/ás activistas e ás organizacións, en particular, de instrumentos efectivos de organización e construción social. A presentación de 13 editora terá lugar en Simia Espacio (Rúa Alfonso XIII, 9 […]