As Políticas da ecoloxía social. Municipalismo libertario

Hoxe queremos achegarvos un dos títulos publicados recentemente por 13 Editora: As Políticas da ecoloxía social. Municipalismo libertario, de Janet Biehl. Ao longo da obra de Janet Biehl, teórica da ecoloxía social, achégansenos as ideas de Murray Bookchin, unha das principais figuras do pensamento crítico socio-político de finais do s. XX. O texto amosa como as comunidades locais poden afrontar […]

ALTERNATIVAS AO PODER CORPORATIVO

Nesta ocasión queremos adicar este espazo a presentarvos outra das publicacións de 13 Editora que viu a luz o pasado 14 de Maio coincidindo coa presentación da nosa editora. Alternativas ao poder corporativo, unha obra de Gonzalo Fernández Ortiz de Zárate. A presente obra é unha peza directa que analiza polo miúdo o alcance actual do poder corporativo no plano […]

As múltiples caras de Anonymous

Unha semana máis, queremos dedicar este espazo de novas a presentar un dos títulos publicados por 13 Editora o pasado 10 de decembro. Tócalle agora a quenda a As múltiples caras de Anonymous, de Gabriella Coleman.  Parece difícil atopar hoxe a alguén a quen non lle veña á cabeza unha imaxe máis ou menos clara cando se fala de Anonymous, […]

Manual para Campañas Non-violentas

Hoxe queremos dedicar este espazo de novas ao primeiro dos libros publicados por 13 Editora. Trátase do Manual para Campañas Non-violentas. Escrito man a man por máis de trinta especialistas en non-violencia de todo o mundo (todxs integrantes da Internacional de Resistentes á Guerra), esta obra ten como obxectivo principal a transmisión de información práctica e apropiada para desenvolver accións […]