13 distopías que se estudarán nos libros de historia: Os xogos da fame

Chegamos á penúltima destas 13 Distopías que se estudarán nos libros de historia cunha serie recente, concibida inicialmente como triloxía (neste 2020 foi publicada unha cuarta parte, que relata os acontecementos previos ao momento no que comeza a historia do primeiro volume). Internacionalmente coñecida grazas á súa exitosa adaptación cinematográfica, trátase dunha das poucas propostas desta listaxe pensada específicamente para […]

13 distopías que se estudarán nos libros de historia: A máquina diferencial

Recuperamos o xénero da ucronía revisado hai un par de publicacións para a oncena proposta desta serie de 13 Distopías que se estudarán nos libros de historia. Trátase dunha das obras de máis recente publicación de entre as xa revisadas, e un dos máis coñecidos referentes do steampunk. Unha historia, por tanto, na liña do retrofuturismo que, se ben mantén […]

13 distopías que se estudarán nos libros de historia: Le Transperceneige

Chegamos á décima proposta desta  serie de 13 Distopías que se estudarán nos libros de historia continuando co formato de novela gráfica, se ben deixamos atrás a lingua inglesa (predominante nesta serie) para falar dunha obra escrita en francés. Unha distopía que, como varias das xa presentadas, foi publicada en volumes ao longo de varios anos: Le Transperceneige, de Jacques […]

1 distopía a estudar nos libros de historia de Galiza: Elipsis e outras sombras

Hoxe, 25 de xullo, aproveitamos a celebración do Día da Matria Galega para facer un pequeno alto neste camiño que comezamos a percorrer no mes de maio, e que nos leva a revisar algúns dos títulos máis significativos do xénero distópico. Ou, máis que un alto no camiño, poderiamos falar dunha proposta moito máis específica que traslada algúns dos temas […]

13 distopías que se estudarán nos libros de historia: V de Vendetta

A novena obra proposta no marco desta serie de 13 Distopías que se estudarán nos libros de historia supón un cambio de formato con respecto aos títulos anteriores. Finalmente, a novela gráfica pasa a engrosar esta listaxe de grandes obras do xénero distópico. Así, hoxe queremos propoñer un título ao que o imaxinario popular de finais do século XX e […]

13 distopías que se estudarán nos libros de historia: Mercaderes do espazo

Chega a oitava proposta desta serie de 13 Distopías que se estudarán nos libros de historia, unha obra publicada inicialmente por entregas a comezos dos anos 50 na revista Galaxy Science Fiction. No marco desta serie, conta con dúas peculiaridades que a diferencian das anteriores recomendacións, pois é a primeira escrita a dúas mans, e a primeira na que a […]

13 distopías que se estudarán nos libros de historia: Un mundo feliz

Chegamos ao ecuador desta nova serie de 13 Distopías que se estudarán nos libros de historia cunha obra imprescindible da novela distópica (aínda que o seu título pareza suxerir que non ten cabida nesta serie de indesexables utopías corrompidas). Unha obra que soubo presentar como poucas, e dun xeito tremendamente gráfico, as nefastas consecuencias da alienación social: Un mundo feliz, […]

13 distopías que se estudarán nos libros de historia: 1984

A obra seleccionada para esta nova entrega da serie 13 Distopías que se estudarán nos libros de historia é, ademais dunha das máis recoñecidas novelas do xénero distópico (e como tal, unha xoia da literatura contemporánea), un concienciudo estudio sobre a natureza dos totalitarismos. Un texto que, como tantos dos propostos nesta serie, está hoxe tan aliñado coa realidade actual […]

13 distopías que se estudarán nos libros de historia: Neuromante

A quinta proposta desta serie de 13 Distopías que se estudarán nos libros de historia é nada menos que unha das obras precursoras do ciberpunk. Un texto merecedor do Premio Nébula, o Premio Hugo e o Premio Philip K. Dick, que a recoñece como unha das mellores novelas de ciencia ficción publicadas en EEUU: Neuromante, de William Gibson. En Neuromante […]

13 distopías que se estudarán nos libros de historia: Fahrenheit 451

Pouco queda xa por dicir sobre a cuarta proposta desta serie de 13 Distopías que se estudarán nos libros de historia, un clásico entre os clásicos do xénero distópico. Trátase dunha obra que xira ao redor dunha idea mantida por moitas autoridades ao longo da historia: que os libros son perigosos pois, como ferramenta que permite espallar a conciencia crítica, […]