13 libros que cambiaron a historia: Informe Lugano

A décimo primeira proposta desta listaxe de 13 Libros que cambiaron a historia está hoxe tan vixente como no momento da súa publicación, pois a realidade da globalización non perdeu, ao longo destes case 20 anos, nin un ápice da súa capacidade destrutiva: Informe Lugano, de Susan George. Informe Lugano (1999) imaxina un futuro pouco desexable (aínda que máis factible […]

13 libros que cambiaron a historia: Desobediencia Civil

Achegándonos ao final da nosa listaxe de 13 Libros que cambiaron a historia, hoxe propoñemos unha obra (a décima) referencial do pensamento crítico, un texto que axuda a entender a lexítima liberdade para poñer os principios propios por riba das normas arbitrarias impostas dende o poder como un xesto cívico, un xeito de ser cidadán/á, e non o arrebato rebelde […]

13 libros que cambiaron a historia: Os gardiáns da liberdade

No actual contexto de propagación masiva de fake news, bulos (malintencionados ou non), narrativas interesadas e desinformación impune, a novena entrega da serie 13 Libros que cambiaron a historia pretende poñer en tela de xuízo a hexemonía dos medios de comunicación de masas como transmisores únicos da verdade: Os gardiáns da liberdade, de Noam Chomsky e Edward S. Herman. O […]

13 libros que cambiaron a historia: As veas abertas de América Latina

Conscientes de que este contexto de reclusión no que nos atopamos pode ser un bo momento para facer unha lectura pausada non só dunas boas páxinas, senón tamén da nosa historia como civilización, a oitava proposta da serie 13 Libros que cambiaron a historia aúna revisión crítica con excelencia literaria, como é norma na produción do seu autor: As veas […]

13 libros que cambiaron a historia: Queremos liberdade

Para o ecuador desta listaxe de 13 Libros que cambiaron a historia queremos recomendar un texto que sen dúbida foi (e continúa a ser) un referente intelectual, pero tamén un testemuño fidedigno das loitas pola pola liberación da comunidade negra: We Want Freedom: A Life In The Black Panther Party, de Mumia Abu-Jamal. Traducido ao castelán como Queremos libertad, trátase […]

13 libros que cambiaron a historia: Xs condenadxs da terra

Para a sexta proposta desta serie de 13 Libros que cambiaron a historia recuperamos un título esencial do anticolonialismo, entendido este nun sentido moito máis amplo que a mera independencia: Les Damnés de la terre (en español, Lxs condenadxs de la tierra), de Frantz Fanon, propón un concepto de anticolonialismo baseado no necesario proceso de autoemancipación e reivindicación identitaria dun […]

13 libros que cambiaron a historia: A granxa dos animais

Para esta quinta entrega da serie 13 Libros que cambiaron a historia aproveitamos unha boa nova que nos chega estes días dende o eido editorial galego: a próxima reedición da tradución á nosa lingua dun dos máis célebres relatos críticos sobre o totalitarismo e os seus estragos na sociedade, a fábula distópica de Orwell Animal farm (en español, Rebelión en […]

13 libros que cambiaron a historia: O xénero en disputa

O libro que presenta esta cuarta entrega da serie 13 libros que cambiaron a historia é considerado un dos textos fundacionais da teoría queer e, en boa medida, unha das bases teóricas da terceira onda do feminismo, constituíndo, por tanto, unha importantísima aportación aos estudos feministas. O xénero en disputa, publicado en 1990, recolle e explica a teoría performativa do […]

13 libros que cambiaron a historia: No Logo

Non podiamos avanzar moito nesta serie de 13 libros que cambiaron a historia sen facer mención a un clásico contemporáneo que, 20 anos e moitas edicións (e traducións!) despois da súa publicación, continúa a ser un texto de referencia para varias xeracións. Unha obra que marcou un punto de inflexión na nosa visión do mercado, das marcas e dos efectos […]

13 libros que cambiaron a historia: Primavera silenciosa

A segunda proposta da nosa serie 13 libros que cambiaron a historia marcou un punto de inflexión no xeito no que a sociedade entendía a súa relación coa natureza, espertando o interese da primeira pola segunda, sentando as bases da concienciación medioambiental e abrindo os ollos a xeracións enteiras sobre unha problemática que, hoxe, está máis presente que nunca. Primavera […]