13 distopías que se estudarán nos libros de historia: O conto da criada

A terceira proposta da serie 13 Distopías que se estudarán nos libros de historia trátase dunha obra que, dende hai varios anos, está en boca de todo o mundo, debido á súa exitosa adaptación ao formato audiovisual. Pero antes de ser unha ficción televisiva aclamada por crítica e público, a historia á que hoxe facemos referencia (que tamén foi adaptada […]

13 distopías que se estudarán nos libros de historia: O nome do mundo é bosque

A segunda proposta da serie 13 Distopías que se estudarán nos libros de historia é unha obra de fondo claramente ecoloxista e anticolonial. Son moitos os temas que se tratan nas súas páxinas, e moitas as liñas de pensamento que as inflúen, se ben o argumento poderíase resumir como a eterna loita entre unha ficticia civilización colonizada (pacífica e respectuosa […]

13 distopías que se estudarán nos libros de historia: Soñan os androides con ovellas eléctricas?

Hoxe inauguramos unha nova serie de propostas literarias que, no marco de pensamento de 13 Editora, resultan de especial interese. A idea detrás de 13 libros que cambiaron a historia era recoñecer o importante impacto social das 13 obras propostas. Eses libros visibilizaban problemáticas propias da época na que foron escritas, ao tempo que formulaban alternativas concretas que contribuíron a […]

O legado libertario de Wilde

Poucas cousas quedan xa por dicir do xenial ensaísta, dramaturgo, poeta e novelista irlandés Oscar Wilde, autor de clásicos da literatura universal como A pantasma de Canterville, De Profundis, A importancia de chamarse Ernesto ou O retrato de Dorian Gray. Si hai, porén, unha faceta da súa vida como intelectual que resulta un tanto menos coñecida: a referida ao seu […]

As Letras de Carvalho Calero

Cada 17 de maio, dende o ano 1963, Galicia celebra a festa da súa literatura e a súa lingua nai súa festa da literatura e a lingua nai, o Día das Letras Galega. Son xa 57 anos de tributo aos/ás grandes expoñentes da nosa fala, dende Rosalía de Castro até Antón Fraguas, pasando por Castelao, Cabanillas, Otero Pedrayo, Celso Emilio, […]

Espazos de cultura e resistencia

A da loita pola xustiza e a procura do cambio social é unha historia cargada de capítulos de resistencia. Entre todos eles, hoxe queremos lembrar o do Centro Social Minuesa, que unha vez estivo ubicado na Ronda de Toledo, no madrileño barrio de Lavapiés. A mediados dos anos 80 atopábase aínda nese enderezo (un solar de 2.400 metros cadrados) a imprenta […]

Ideas que resisten

Hoxe, 10 de maio, cúmprese o 87 aniversario da coñecida como queima de Opernplatz. Durante esa noite de 1933, ao redor de 20.000 libros foron queimados na coñecida praza nun acto organizado pola Liga Nacionalsocialista de Estudantes Alemáns/ás, que congregou ao redor de 70.000 persoas. Foi a primeira (e posiblemente, a máis recordada) dunha serie de queimas que tiveron lugar […]

Unha data para a memoria

Non é preciso facer un traballo de investigación demasiado exhaustivo para atopar información sobre algúns dos capítulos máis negros da historia da palabra escrita, que son, por desgraza, moitos (e algúns, moi recentes). As queimas de libros perpetradas pola Inquisición española, o réxime nazi, ou as ditaduras latinoamericanas; a prohibición, censura ou confiscación de títulos considerados perigosos por determinados movementos […]

13 libros que cambiaron a historia: Rouba este libro

Tras 13 semanas de propostas, chegamos ao final desta serie de 13 libros que cambiaron a historia cun texto polémico (como moitos dos xa propostos), transgresor, disruptivo, desafiante, e moi, moi divertido: Rouba este libro, de Abbie Hoffman. Rouba este libro (1970) é unha obra poliédrica: un manual de vida; un referente xeracional; unha declaración de intencións; un manifesto vivo; […]

13 libros que cambiaron a historia: Tratado para Radicais

A penúltima proposta desta serie de 13 Libros que cambiaron a historia pode tomar un novo sentido neste contexto actual no que o concepto de traballo comunitario está especialmente vixente (e é especialmente relevante). Hoxe resulta máis evidente que nunca, para moita xente, algo que para os sectores máis críticos e mobilizados da sociedade foi sempre unha certeza básica: que […]